Un enfoque interdisciplinario da relación entre lingua e xénero
Issue: Vol 4 No. 2 (2003) Estudios de Sociolingüística 4.2 2003
Journal: Sociolinguistic Studies
Subject Areas: Gender Studies Linguistics
DOI: 10.1558/sols.v4i2.ix
Abstract:
A investigación sobre lingua e xénero está marcada na actualidade polo seu carácter interdisciplinario. Os estudios que se inclúen dentro deste campo céntranse en aspectos moi diversos e proceden de disciplinas como a lingüística, a sociolingüística, a psicoloxía social ou a antropoloxía. Neste número monográfico de Estudios de Sociolingüística pretendemos reflectir precisamente esta diversidade de aproximacións. Os artigos aquí reunidos achéganse ó estudio desta relación a través da análise de aspectos tan diversos como os usos sexistas da linguaxe, a fala na interacción, a sexualidade, o discurso dos medios de comunicación e o estilo comunicativo de mulleres e homes no mundo laboral. Nesta introducción presentamos cada un dos artigos en relación coa área de traballo á que se adscriben, ó mesmo tempo que revisamos brevemente os inicios, desenvolvemento e estado actual na investigación sobre lingua e xénero.
Author: Virginia Acuña-Fernández, Sonia Álvarez-López